domingo, 28 de octubre de 2012

Que é o CERN? Que é o LHC?

Traballo realizado por Diana unha ex-alumna do Otero:



A Doutora Ourensá Teresa Fonseca fala no seguinte vídeo sobre os experimentos que se realizan no LHC:

7 comentarios:

Unknown dijo...

Ola! Referenciamos esta entrada no noso blogue, onde describimos como estamos a preparar a videoconferencia do CERN no instituto de Palas de Rei:

http://ciencianocaminho.blogspot.com.es/2012/10/preparando-o-dia-da-ciencia-en-galego.html

Por certo, temos xa uns cantos voluntarios tuiteiros para retransmitir por Twitter o evento dende o noso centro. Utilizaremos o hashtag #cienciaengalego e queremos que sexa trending topic. Apuntádevos! Por un día que nos poden deixar usar o móbil!

Saúdos dende o camiño.

Unknown dijo...

Grazas por consultar o noso traballo. Nós tamén participaremos na videoconferencia.
Saúdos desde o camiño (Vía da prata).

Antía Quintana dijo...

O CERN é o maior laboratorio de investigación de física de partículas do mundo. As súas siglas proveñen do francés: Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire (Consello Europeo para a Investigación Nuclear). Atópase na fronteira entre Francia e Suíza. Fundouse o 29 de setembro de 1954 e ten a sede en Xenebra.
Actualmente ten 20 estados membros (Alemaña, Francia, Reino Unido, Italia, España, Países Baixos, Suíza, Polonia, Bélxica, Suecia, Noruega, Austria, Grecia, Dinamarca, Finlandia, República Checa, Portugal, Hungría, Eslovaquia e Bulgaria) e 8 observadores (Comisión Europea, India, Israel, Xapón, Rusia, Turquía, UNESCO e Estados Unidos).
Grazas ó CERN, científicos coma Carlo Rubbia, Simon van der Meer e Georges Charpak obtiveron o Nobel de Física.
O CERN está composto por unha serie de aceleradores de partículas que permiten grandes avances tanto na física como na tecnoloxía informática e industrial.
O acelerador de partículas máis importante actualmente é o LHC (Large Electron-Positron Collider ou Gran Colisionador Electrón-Positrón). Usa un túnel de 27 km de circunferencia creado inicialmente para o Gran Colisionador de Electróns e Positróns (LEP en inglés). Máis de 2000 físicos de 34 países e centos de universidades e laboratorios participaron na súa construción. Este colisionador permite facer experimentos como: recrear as condicións que provocaron o Big Bang, descubrir que é a materia escura, o bosón de Higgs, …

Unknown dijo...

Antía, moi ben.

EXDLV dijo...

A Doutora ourensá chamase Teresa Fonseca, non Teresa Raposo.
Carlos Álvarez Sabucedo, 1ºBACH. A

Unknown dijo...

Grazas Carlos, xa o cambiei, foi un cruce de apelidos.

Anónimo dijo...

Profe unha pregunta dun video que vimos na clase sobre o CERN:
Se un dos imáns do LHC ten moitísimas veces máis (non me acordo cantas) forza electromagnetica ca da Terra, non debería modificar a súa órbita ou a da Lúa ou algo así?