sábado, 20 de octubre de 2012

Galileo sistema global de navegación por satélite (GNSS)

Dous estudantes españois traballan desde marzo no desenvolvemento dun dos proxectos máis ambiciosos da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés), o sistema Galileo, o denominado GPS europeo.
Galileo é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) desenvolvido pola Unión Europea (UE), co obxecto de evitar a dependencia dos sistemas GPS e GLONASS. Ao contrario destes dous, será de uso civil. O sistema espérase pór en marcha en 2014 logo de sufrir unha serie de reveses técnicos e políticos para a súa posta en marcha.
O GPS (Global Positioning System: sistema de posicionamento global)é un sistema de navegación por satélite que permite determinar a posición dun obxecto, persoa ou vehículo en todo o mundo. O GPS funciona mediante unha rede de 24 satélites en órbita sobre o planeta terra, a 20.200 km, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. O sistema foi desenvolvido, instalado e actualmente operado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. A antiga Unión Soviética construíu un sistema similar chamado GLONASS, agora xestiónao a Federación Rusa que consta de 31 satélites.
Fonte da noticia El Mundo 20/10/2012

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Entón, se o GPS e o GLONASS son de EE.UU. e de Rusia, como é que os podemos utilizar nós?

colegiosantoangel dijo...

Hola son Mª Jesús R.D de 1º C o traballo do telediario científico excede da capacidade permitida que ten o correo para enviar (25 MB e o noso traballo contén unha capacidade de 3 GB ). Sentímos moito non poder entregarllo ata a clase do lunes. Un saludo.

Unknown dijo...

En principio o GPS foi un sistema de uso militar pero logo globalizouse su uso con restriccións. O que pretende o Galileo é máis precisión, unha medición en centímetros en lugar de metros ademáis e unha oportunidade de independencia económica do sistema de EE UU. Podes ver máis en http://www.larazon.es/noticia/3085-europa-acaba-con-la-esclavitud-del-gps