Mostrando entradas con la etiqueta Tema 2 2013/14. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 2 2013/14. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de diciembre de 2013

Os mofos proceden da humidade? os vermes proceden dos cadáveres?. Teoría da xeración espontánea

Os mofos proceden da humidade?, os vermes dos cadáveres?, os piollos da sucidade? Estas preguntas foron formuladas en clase e moitos contestástedes que si e o resto deron a calada por resposta. Quere iso dicir que sodes defensores da Teoría da xeración espontánea???. Que sepades que foi Louis Pasteur en 1864 o que demostrou que todo ser vivo procede doutro ser vivo anterior, refutando con iso a Teoría da xeración espontánea. No seguinte vídeo podedes ver os experimentos científicos que levaron ao fin de dita teoría, tan asentada durante tantos séculos e que algún de vos sigue a crer nela.

domingo, 13 de octubre de 2013

Proxecto 100.000 estrelas


O proxecto 100.000 estrelas foi creado por Google Chrome e permite aos usuarios navegar pola Vía Láctea para coñecer as principais estrelas. Utilizando datos da NASA e da Axencia Espacial Europea permite viaxar por este mapa estelar interactivo e achéganos ás estrelas máis importantes e ver o seu nome, posición e relación con outros astros. Ademais pódese facer clic en cada estrela para coñecer máis datos técnicos sobre a súa natureza, composición e disposición na galaxia.
Na parte superior de 100.000 estrelas os usuarios poden activar unha opción mediante a que o sistema presenta algunhas dos astros máis especiais da Vía Láctea, de forma que o usuario non teña que buscalas pola súa conta. Como curiosidade, Google explicou que o proxecto conta coa música de Sam Hulick, responsable da banda sonora de Mass Effect. Para entrar Para entrar clik aquí.