martes, 11 de diciembre de 2012

Os físicos teóricos na cúspide do recoñecemento científico



O xurado estivo composto por físicos internacionais entre os que se atopaban os estadounidenses Ed Witten, especialista na teoría das cordas, e Alan Guth, autor da primeira teoría sobre a expansión do universo.

Que vos parece este premio? Por que credes que recibiron este recoñecemento científicos do CERN? Credes que a Ciencia pura sigue sendo de interese?

domingo, 2 de diciembre de 2012

Procura de vida en Marte

No seu afán por resolver o misterio da orixe da vida, o ser humano segue buscando vida máis aló da Terra. Marte, pola súa similitude coa Terra, é o principal obxectivo. O documental, emitido programa "La noche temática", busca respostas ás preguntas que nos facemos. Trátase dun documental do 2011 polo tanto antes da chegada do Curiosity. A polémica destes días sobre as últimas achegas en Marte fixeron volver a emitir este episodio.

Po de estrelas



Alguen saberá dicir quen escribiu o fragmento, dun gran  poema de amor, da primeira viñeta? Por que falan que están feitos de po de estrelas?

domingo, 25 de noviembre de 2012

lunes, 19 de noviembre de 2012

viernes, 16 de noviembre de 2012

Sabías que podes ver a Estación Espacial Internacional desde a túa casa?

A ISS é o terceiro obxecto máis brillante no ceo, despois do Sol e a Lúa, é fácil de ver se sabes onde e cando buscala. Spot The Station atópase dispoñible a nivel mundial a calquera persoa cunha conta de correo electrónico ou SMS habilitado para móbil. Para darse de alta clik aquí

sábado, 10 de noviembre de 2012

Analema solar, que constancia e beleza!!!

Hoxe chegoume o seguinte correo:
Hola a tod@s,
hace mas de 1 año me embarqué en un proyecto casi titánico, como es el de conseguir la imagen de un analema solar desde casa. Como la mayoría sabéis, el analema se consigue fotografiando el sol durante un año desde el mismo lugar y a la misma hora exacta. El resultado es la imagen de un "ocho" más o menos tumbado y que se produce por el complemento de 2 movimientos de la Tierra, uno el de la traslación alrededor del Sol y el otro por el movimiento del eje de rotación terrestre. Aunque quizá sea un poco exagerado y para que os hagáis una idea de la dificultad, he leído que más hombres han pisado la Luna que las personas que han conseguido con éxito laimagen del analema. Ahora que el proyecto ha llegado a buen fin, quiero compartir esta imagen con todos vosotr@s.

jueves, 8 de noviembre de 2012

Un acontecemento histórico no 2012 os científicos atoparon o Boson de Higg

A PARTÍCULA DE HIGGS, OU COMO UNHA EUROPA DOS CIDADÁNS É POSIBLE
A verdade é que entre todos os disgustos que a economía non trae un día si e outro tamén, as portadas dos periódicos do día 5 de xullo déronos unha pequena tregua. A Ciencia foi a protagonista; certamente unha parte dela resulta bastante incomprensible para o cidadán medio, pero a todos seduce cando trata de asuntos tan profundos.
A “partícula de deus” está aquí... ou case. Foi un Premio Nobel, Leon Lederman que escribiu un libro hai unhas décadas insistindo en que ou atopábamos esa partícula ou a nosa comprensión do que nos rodea está errada. Pensou en chamarlle a esa partícula “the goddamn particle” (algo así como “a partícula endemoñada”) polo difícil de ser detectada, pero o editor do libro pensou que vendería máis se o titulaba “the god particle”, e dicir a “partícula divina”. Lederman aceptou ese novo alcume porque en efecto se trataba da partícula máis transcendente que quedaba para pechar un edificio teórico que funcionaba moi ben (a outros moitos físicos, a idea de mesturar ciencia e relixión non lles gustou moito).
Entremos en materia. Se quen isto está lendo quere mover o teclado custaralle máis que se quere mover o rato. Dicimos que o primeiro ten máis masa que o segundo. Por outra parte, como todo está formado de átomos, o teclado ten unha masa que é a suma das dos átomos que o forman. E como os átomos están formados por electróns, protóns e neutróns, pois concluímos que a masa do teclado é a suma das masas de todos os electróns, protóns e neutróns que o forman.
Sendo un pouco máis preciso, sabemos hai xa corenta anos que en realidade os protóns e neutróns están a súa vez formados por outras partículas máis simples chamadas “quarks”. En particular, un protón está formado por tres quarks (dous do tipo “u” e un do tipo “d”, é dicir, un protón = uud)., e un neutrón están formado tamén por tres quarks (dous do tipo “d” e un do tipo “u”, é dicir, un neutrón = udd).
Así que, dunha forma un tanto simplificada, podemos dicir que a masa do teclado, e de vostede mesmo, é a suma das masas dos electróns e dos quarks (“u” e “d”) que forman o ese corpo.
Dado que os electróns e quarks son obxectos moi “pequenos” reciben o nome de partículas, e os físicos que estudan as súas propiedades reciben o nome de “físicos de partículas”.
Pero, por que as partículas teñen masa? E, por que teñen as masas que teñen? E, por que hai tales diferenzas de masas entre unhas e outras?... Por que o teclado ten masa?
Por exemplo o quark “d” ten máis masa que o “u”, e calquera destes dous teñen máis masa que o electrón. Estas preguntas parecen estrañas para os que non traballan en física fundamental, porque a maioría pensan que é unha cualidade desas partículas e xa está. Pero os físicos teóricos non se contentan con un “porque si”. Propoñen modelos, esquemas, construcións mentais, para poder contestar a preguntas como esa.
Nos anos 60 do século pasado, e de forma case independente, uns cantos físicos de partículas teóricos (Peter Higgs, Francois Englert, Robert Brout, Gerald Guralnik, Dick Hagen e Tom Kibble), propuxeron unha explicación para comprender o asunto este das masas das partículas. Presentaron unha mecanismo mediante o cal as partículas adquiren masa. A principios dos setenta comezou a popularizarse esa explicación co nome de “mecanismo de Higgs”, probablemente por ser o apelido máis fácil de pronunciar e lembrar.
Vexamos. Que queremos dicir con “masa”. Pois é unha propiedade que mide a dificultade que presenta un obxecto a cambiar o seu estado de movemento (ás veces dicimos que a masa mide a “inercia” dos obxectos). Así, se precisamos o dobre de forza para que un corpo comece a se mover, en comparación con outro, iso significa que o primeiro ten dobre de masa que o segundo. Tomamos un patrón (un cilindro de iridio e platino de tamaño preciso) e lle damos o valor de 1 kg de masa, e o resto se compara con el. Así lle asignamos o valor da masa a todos os obxectos a partir dese patrón.
Para a inmensa maioría dos fenómenos que nos rodean esta descrición abonda. Para algúns máis meticulosos, poden chegar un pouco máis aló e dicir, se un corpo ten medio quilogramo significa que a suma das masas dos átomos que forman ese obxecto é a metade da suma das masas dos átomos que forman o patrón de 1 kg.
Pero isto non chega para os físicos de partículas. Queren saber de onde lle ven a masa a cada átomo. Ou a cada electrón e a cada tipo de quark. E tamén queren saber por que esa diferenza de masas entre unhas partículas e as outras.
Pense no seguinte: teño un electrón e un quark en medio do espacio interestelar, lonxe de calquera outra cousa. Pregunta: por que me costa centos de veces máis mover un quark que un electrón? Se algún está pensando en algo como, “porque o electrón é máis pequeno ou o quark máis grande”, que o esqueza. Nesas escalas non existe o concepto tamaño. Dito doutro modo, esas partículas son obxectos puntais, para os que iso do tamaño carece de sentido. Tampouco vale algo así como que o quark é máis “denso”. Este é un concepto a escala grande, e non ten sentido cando falamos de partículas elementais.
Volvamos a Higgs, Englert, e compañía. Propuxeron que todo o espazo está cheo dunhas partículas invisibles para nós que agora chamamos partículas de Higgs (ou, máis tecnicamente, bosóns de Higgs, aínda que isto último non é de interese aquí). Outra forma habitual de chamarlle a isto é dicir que o espazo está cheo dun campo: “o campo de Higgs”. Quizais axude a isto pensar noutros campos máis coñecidos, como o campo gravitacional creado pola Terra, ou o campo magnético creado por un imán. A idea de campo é unha construción dos físicos que axuda a entender como se producen os efectos que uns obxectos causan noutros. Por exemplo, a Lúa está sometida ao campo gravitacional da Terra (e viceversa).
Por certo, se algún se está a preguntar, por que non vemos as partículas de Higgs ou o campo de Higgs, a resposta é a mesma que se preguntamos por que non vemos o campo gravitacional da Terra. Pero si que o percibimos. Ese campo gravitacional é o responsable de que nos custe levantar un obxecto, e o de Higgs é o responsable de que nos custe desprazalo se está parado.
Volvamos ao campo de Higgs. Cando a luz (se se quere, as partículas de luz, chamadas fotóns), se moven nese campo, que todo o inunda, non senten ningunha “conexión” (se se quere interacción) coas partículas de Higgs, e por iso van á maior velocidade que a natureza permite. Sen embargo, cando é un electrón o que se move, se “conectan” a el certo número desas partículas e polo tanto presenta un certo problema para se desprazar. Esa dificultade para se mover significa que adquire masa. Se agora temos un quark “u” presenta máis conexión aínda e por tanto máis masa.
Xuntando o “puzzle”, os átomos, e todos os obxectos que eles forman, ao se mover polo espazo, cheo de partículas de Higgs, presentan máis ou menos dificultade para se mover.


Un exemplo visual sería botar diferentes tipos de pelotas na area da praia e tentar movelas sobre ela. Segundo o tipo de pelotas, unhas se desprazan máis facilmente cas outras. A area é o campo de Higgs, e cada areíña é a partícula de Higgs. Este é o mecanismo proposto. Claro, que como sempre ocorre en Física, as ideas hai que escribilas na linguaxe das matemáticas, e iso foi unha faena complexa e que deu lugar a ecuacións complicadas e a algunhas consecuencias importantes. As que aquí nos interesan son dúas, que esa partícula de Higgs ten que ser dun tipo chamado “bosón” e que a súa masa ten que ser máis de cen veces a do protón.
Entón, como podemos “fabricar” unha partícula como esa?
Tentouse en dúas máquinas (aceleradores) grandes chamadas LEP e Fermilab, pero a máquina destinada a acadar este fito foi o LHC que funciona hai un par de anos en Xenebra (Suíza). Fanse colidir miles de millóns de protóns contra outros tantos que van en sentido contrario, e a tal velocidade que dan lugar a creación de centos de partículas que só así poden ser creadas. Unha deses partículas e o bosón de Higgs, que inmediatamente se desintegra para dar outras máis lixeiras. O que fan dous dos detectores do LHC, chamados ATLAS e CMS, é seguirlle a pista a esas partículas que proceden da desintegración do bosón de Higgs, para demostrar que foi creado, e afirmar así que de verdade existe.


Na imaxe temos unha recreación dunha colisión protón-protón para dar unha partícula de Higgs. Os dous sinais vermellos son dous fotóns de moita enerxía que proceden da desintegración dunha partícula de Higgs.
Para iso é preciso primeiro analizar centos de miles de sucesos de entre centos de miles de millóns, e ter un número de candidatos que cumpran as condicións. Pois ben, o día 4 de xullo de 2012 os equipos de CMS e ATLAS presentaron os seus resultados concluíndo que hai evidencia de que unha nova partícula, cunha masa dunhas 125 veces a do protón, se ten creado, e que hai indicios de que do seu comportamento se poda deducir nos próximos meses que se trata da partícula de Higgs.
Se é así, a Física terá completada unha viaxe que comezou hai case cincuenta anos, e teremos unha mellor comprensión de como funciona a natureza. Desde os anos setenta, o modelo físico no que están integrados os quarks, os electróns e outras cantas partículas máis, incluída a de Higgs, recibiu o nome de “Modelo Estándar” da Física de Partículas. Co esperado descubrimento de hai uns días, se se ratifica dentro duns meses, poderemos dicir que o “Modelo Estándar” queda totalmente establecido.
Digamos que coas enerxías que están presentes no universo actual e accesible aos nosos instrumentos, ese modelo danos cumprida resposta ás preguntas que queiramos facer sobre os fenómenos que ocorren dentro del.
Non obstante, falta por comprender con precisión que ocorreu nos primeiros instantes do universo; non se sabe como incluír a gravidade no modelo estándar, e tampouco se sabe que é iso da enerxía escura e a materia escura que se teñen proposto para explicar feitos descubertos hai un tempo. Así que, seguro que no futuro este modelo deberá ser substituído por outro mellor que explique os enigmas que quedan por resolver. A Física ten moito traballo por diante.
Hai tres cousas coas que quero rematar. Unha é a presenza de científicos e científicas de Galicia neste marabilloso reto. Nesa institución que alberga todo este experimento (CERN - Centro Europeo de Investigación Nuclear), hai unhas ducias de físicos e enxeñeiros e informáticos galegos que están en primeira liña de investigación, e o Departamento de Física de Partículas da USC xoga un papel importante na Física que se está a desenvolver nesa institución. A segunda cousa, é que toda esa investigación da lugar a tecnoloxías de todo tipo que acaban por chegar a todos nós. O internet actual coa linguaxe html (www) naceu no CERN, pero tamén o TAC, e o manexo da superconductividade que é a base dos RMN dos hospitais, e moitas outras cousas. Deixar de invertir en ciencia é un grave erro para o futuro. En terceiro lugar, o CERN, que naceu hai case sesenta anos, é unha demostración de que cando os europeos traballan xuntos a prol de obxectivos comúns no que o diñeiro é un instrumento e non un fin, producen grandes beneficios para toda a comunidade. Alí os países quedan nun segundo plano, o que importa é a Europa dos cidadáns, e non a dos mercadores.

Ramón Cid Manzano (Catedrático de Física e Químca do IES do Sar de Santiago de Compostela e profesor da USC).


O seguinte vídeo foi emitido pola TV uns meses antes de que os científicos do CERN anunciaran a constatación experimental da existencia do Boson de Higgs.




Para saber máis ver o vídio emitido pola TVE no programa Informe semanal
e por outro que recolle o xornal El mundo na edición dixital

lunes, 29 de octubre de 2012

O día 6 de novembro celebraremos o III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego

VIDEOCONFERENCIA NO PARANINFO DO NOSO CENTRO
  Título: "Facendo Física de Partículas polo mundo"

Relatores:
Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.
Olalla Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.
Abraham Gallas. Investigador no CERN e na USC. Físico do experimento LHCb do CERN.
Carlos Salgado. Investigador no CERN e na USC. Investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo..
Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.


 Contido: Os experimentos do LHC no CERN levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese. A descuberta dunha resonancia que podería ser o bosón de Higgs, que foi noticia de primeira páxina en todos os informtivos do mundo, a pescuda de partículas supersimétricas, os resultados na busca do plasma de quarks e gluons, o estado da materia do universo primitivo, son só algúns dos fitos acadados.
Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe. Moitos deles utilizan o noso idioma para realizar parte do seu traballo, tanto no contexto informal de discusións entre eles, como para a realización de traballos científicos (teses e teses de mestrado) así como na docencia e a divulgación científica. Nesta actividade reuniremos nunha videoconferencia a varios investigadores espallados polo mundo que participan nos experimentos do LHC e que nos contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego.

A continuación déixovos un comic onde se explica de xeito simplificado algúns dos obxectivos que teñen os experimentos realizados no LHC:

domingo, 28 de octubre de 2012

Que é o CERN? Que é o LHC?

Traballo realizado por Diana unha ex-alumna do Otero:



A Doutora Ourensá Teresa Fonseca fala no seguinte vídeo sobre os experimentos que se realizan no LHC:

sábado, 27 de octubre de 2012

Xavier Cid Vidal, un xove galego de 28 anos, na elite da investigación do mundo


O líder do LHCb do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), Pierluigi Campana, presidiu este venres na Facultade de Física de Santiago o tribunal da tese doutoral de Xabier Cid Vidal. Xunto a Campana desprazáronse á capital galega para avaliar o traballo do investigador do Departamento de Física de Partículas outros dous científicos do CERN, Thomas Ruf e Frederic Teubert, tamén membros do tribunal.

A tese de Xabier Cid achegou destacados novos resultados para o LHCb, un dos catro grandes experimentos instalados no Gran Colisionador de Hadróns, o LHC, o maior acelerador de partículas do mundo, ubicado baixo terra en Xenebra (Suíza). O seu traballo serviu para excluír, partindo da análise de datos deste experimento, a presenza dunha clase determinada de partículas de alta masa, chamadas supersimétricas, que foron postuladas en distintas teorías. En concreto, o xoven investigador explorou desintegracións do quark beauty en dúas partículas penetrantes chamadas muóns. A súa tese foi dirixida polos profesores da USC José Ángel Hernando Morata e Bernardo Adeva Andany.




Para ler a entrevista do líder do LHCb do CERN, Pierluigi Campana, clic aquí.

jueves, 25 de octubre de 2012

O MIrador do ceo




Que planeta estase vendo a primeira ollada pola noite en Ourense? En que dirección temos que mirar?

miércoles, 24 de octubre de 2012

GAIA

O novo reto da Axencia Espacial Europea é o lanzamento do satélite Gaia para trazar un mapa tridimensional da nosa galaxia con mil millóns de estrelas. Lanzarase en 2013 e permitirá descubrir novos sistemas planetarios e coñecer a historia da Vía Láctea.

Telescopio EELT

lunes, 22 de octubre de 2012

O Universo coñecido

Este filme mostra o noso coñecemento do universo a través dos datos obtidos por observacións. Cada lúa, satélite, estrela ou planeta está representado na súa escala correcta.e a súa localización esta medida de acordo ás medicións dos mellores científicos dedicados ás procuras actualizadas, A información é mantida polo Museo Americano de Historia Natural e o Atlas Dixital do Universo.

sábado, 20 de octubre de 2012

Galileo sistema global de navegación por satélite (GNSS)

Dous estudantes españois traballan desde marzo no desenvolvemento dun dos proxectos máis ambiciosos da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés), o sistema Galileo, o denominado GPS europeo.
Galileo é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) desenvolvido pola Unión Europea (UE), co obxecto de evitar a dependencia dos sistemas GPS e GLONASS. Ao contrario destes dous, será de uso civil. O sistema espérase pór en marcha en 2014 logo de sufrir unha serie de reveses técnicos e políticos para a súa posta en marcha.
O GPS (Global Positioning System: sistema de posicionamento global)é un sistema de navegación por satélite que permite determinar a posición dun obxecto, persoa ou vehículo en todo o mundo. O GPS funciona mediante unha rede de 24 satélites en órbita sobre o planeta terra, a 20.200 km, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. O sistema foi desenvolvido, instalado e actualmente operado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. A antiga Unión Soviética construíu un sistema similar chamado GLONASS, agora xestiónao a Federación Rusa que consta de 31 satélites.
Fonte da noticia El Mundo 20/10/2012

A estación espacial internacional (ISS)

Un traballo duns alumnos do ano pasado explícavos a ISS

jueves, 18 de octubre de 2012

Cantos satélites artificiais xiran ao redor da Terra?

Dos 13.000 satélites que hai orbitando á Terra só están funcionando realmente uns 3.500: o resto están clasificados como lixo espacial, o cal empeza a ser un problema.





miércoles, 17 de octubre de 2012

Cumpleanos do observatorio espacial Integral

O observatorio espacial Integral da ESA cumpre dez anos en órbita hoxe, 17 de outubro. Para celebralo, preséntanos a seguinte galería que recompila as representacións artísticas dos principais descubrimentos desta misión europea.
Integral, acrónimo inglés de "Laboratorio Internacional de Astrofísica de Raios Gamma", transporta dous telescopios de raios gamma, un monitor de raios X e unha cámara óptica. Os catro instrumentos apuntan simultaneamente á mesma rexión do firmamento para realizar observacións complementarias de fontes de alta enerxía.

lunes, 15 de octubre de 2012

domingo, 7 de octubre de 2012

Materia e enerxía escura

Como se pode afirmar que a materia escura existe se non se ve? Cales son as súas características?







Que significa que o Universo estase expandindo? Que enerxía provoca esta expansión? Que sabemos e que non sabemos desa enerxía?

jueves, 27 de septiembre de 2012

Importancia do traballo colaborativo e interdisciplinar en Ciencia



Outro caso moi recente de traballo en equipo e a misión espacial da NASA denominada Curiosity. Centos de científicos de distintas ramas da Ciencia e nacionalidades, foron necesarios para poder levar a cabo este traballo. Hoxe en día a súas tarefas pasan por manter en Marte este vehículo explorador, dirixir a toma de mostras de chan e po rochoso marciano para postaneriormente facer a súa análise e comprobar a capacidade pasada e presente deste planeta para aloxar vida. 
No seginte vídeo podedes ver a ledicia dos científicos o 6 de agosto do 2012 cando o robot aterrou en Marte.

Déixovos unha animación moi boa dos pasos necesarios que se levaron a cabo na misión do Spirit que foi anterior a do Curiosity.





martes, 25 de septiembre de 2012

En Ciencia é necesaria a comprobación dos feitos

En setembro de 2011 un equipo científico que traballa co detector subterráneo Opera, no laboratorio de Gran Sasso (Italia), indicarón que foron capaces de conseguir neutrinos (partículas elementais de escasa masa e que apenas interaccionan coa materia) que, aparentemente, desprázanse máis rápido que a luz. De confirmarse, sería un bombazo na física, posto que é un alicerce da teoría de Einstein que nada pode superar a velocidade da luz.

A inmensa maioría dos físicos de partículas sospeitaron desde o primeiro momento que algo fixérase mal para obter aqueles resultados que, ademais, contradicían as medidas de velocidade de neutrinos tomadas noutras observacións e con altísima precisión. En xuño de 2012 o asunto dos neutrinos que, supostamente, viaxaban máis rápido que a luz, arroiando a teoría da relatividad especial de Einstein, quedou resolto, foi un fallo no experimento e, cando se repetiron as medidas co mesmo detector e con outros como control, resultou que os neutrinos non viaxan á velocidade indicada.

domingo, 23 de septiembre de 2012

Ciencia na TV

Neste video, do programa da TVE "Tres catorce", Patricia Fara e Agustí Neto pregúntanse pola importancia da Ciencia na nosa sociedade e como é o noso acceso a ela. José Pardo Tomás e José Ramón Bertomeu falan dos mitos e lendas ao redor dos científicos e os seus achados ao longo da Historia.
Coñeces algún programa de TV de dilvugación da Ciencia?
Quen é ocientífico español máis famoso? Como se mide a fama dos científicos?

jueves, 20 de septiembre de 2012

Ciencia pura e ciencia aplicada

En clase estivemos falando das diferenzas e as interaccións entre ciencia pura e ciencia aplicada e saíu o tema do grafeno. Déixovos o seguinte vídeo para que entendades a estrutura, as características e as aplicacións deste novo material.
.
Algún pode indagar quen foi o seu descubridor?

martes, 24 de julio de 2012

Tres alumnos de 4º da ESO gañan o premio científico "Google Science Fair"en California

Os tres rioxanos, que foron os únicos representantes españois, gañaron na súa categoría de idade (15-16 anos) grazas a un proxecto sobre estudo da vida microscópica en augas doces. Co seu proxecto crearon unha base de imaxes de miles de fotografías e realizaron distintos experimentos para coñecer o comportamento dos microbios no medio acuático.
Un panel de renombrados científicos seleccionou este proxecto como o mellor da súa categoría, tras revisar propostas de miles de estudantes procedentes de máis de cen países.


Fonte:http://www.elmundo.es/elmundo/2012/07/24/ciencia/1343120502.html

viernes, 22 de junio de 2012

A UE insulta ás científicas nunha campaña infame

Co seguinte vídeo a UE quería por en tea de xuízo os estereotipos en torno á ciencia e mostrará ás xoves mulleres que a ciencia é divertida e ofrece grandes oportunidade, Credes que realmente o consigue?


Fonte:
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/06/22/ciencia/1340380950.html

miércoles, 20 de junio de 2012

Todos debemos loitar a favor do Medio ambiente

Para rematar o curso deíxovos unha canción do "Mago de Oz"


El mar escupía un lamento
tan tenue que nadie lo oyó.
Era un dolor de tan adentro
que toda la costa murió.

Llora lamentos la nube que enfermó
y escribe espantos en la arena el dolor.
Arrulla el miedo a un delfín que bebió
de un agua negra, su suerte emigró.

Ven, quiero oír tu voz,
y, si aún nos queda amor,
impidamos que esto muera.
Ven, pues en tu interior
está la solución,
de salvar lo bello que queda.

Donde se acomoda la usura
nacen la ambición y el poder,
y este germina en la tierra,
que agoniza por interés.

Y una gaviota cuentan que decidió
en acto suicida inmolarse en el sol.
Ríe desprecios un barco que encalló,
y se desangra en su lecho: LA MAR!

Hagamos una revolución,
que nuestro líder sea el sol,
y nuestro ejército
sean mariposas.

Por bandera otro amanecer
y por conquista comprender
que hay que cambiar
las espadas por rosas.

Mientras te quede aliento
ve a buscar con el viento
ayuda, pues no queda tiempo

lunes, 18 de junio de 2012

Tres alumnas e tres alumnos premiados no concurso CLIMANTICA

Nosos parabens a Cecilia Moretón Rodríguez, Ariana Fernández González , José Calvo Ayuso, Noelia León Rodríguez, Fernando Rodriguez Rebelo e Argeru Arza González estudiantes de 1º Bacharelato premiados no V concurso CLIMANTICA.
Traballos realizados:



A ciencia na vida cotiá

jueves, 14 de junio de 2012

O cume de Río+20


Vinte anos transcorreron desde que en 1992 tivese lugar en Río de Xaneiro (Brasil) a primeira reunión da ONU sobre Medio Ambiente (Cume da Terra) e ao longo deste tempo algo cambiou no Planeta Terra. Cifras como as da poboación mundial con acceso a auga potable, as emisións de gases de efecto invernadoiro ou as relativas ao incremento da temperatura media dos océanos modificáronse, pero lamentablemente para peor.
O cume Rio 20 que se estenderá por 10 días, ten por obxectivos alcanzar un pacto mundial que impulse unha transición radical cara a unha economía verde e social para o planeta.
Os países coinciden: o encontro mundial é crucial para o futuro do planeta. Pero as delegacións expresan dúbidas sobre as posibilidades dun compromiso ambicioso no contexto da crise económica internacional.
Que é Río 20 e que espérase dela?Quen participa?Cales son os principais temas a ser tratados?Por que tanto pesimismo respecto diso? a contestación destas preguntas podédelas ler aquí.

miércoles, 6 de junio de 2012

Os científicos do IPCC advirten sobre o problema do efecto invernadoiro intensificado



Segundo o experto sobre cambio climático Thomas Stocker, investigador na Universidade de Berna (Suíza) e que tamén é codirector do Grupo de Traballo I para o V Informe do Panel Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC, polas súas siglas en inglés), “a escala humana, xa pasamos o punto de non retorno. O cambio climático quedará connosco moitos séculos, aínda que paremos agora de emitir CO2 á atmosfera”.

Os científicos coinciden en afirmar que hai unha relación moi estreita, entre o aumento máximo de temperaturas e a cantidade total de CO2 que se emite en todo o mundo.

Cambio climático, Cambio global

viernes, 1 de junio de 2012

Marea blanca

'Marea branca', o documental que rende homenaxe aos voluntarios do Prestige

Podes descargalo ATA O 5 DE XUÑO  en;
http://www.cadenaser.com/sociedad/video/marea-blanca-documental-rinde-homenaje-voluntarios-prestige/csrcsrpor/20120525csrcsrsoc_1/Ves

Dez anos logo da catástrofe do petroleiro Prestige que tinguiu de negro as costas galegas, Coronita 'Save the beach" e a cineasta Isabel Coixet realizaron un emocionante documental sobre os preto de 300.000 voluntarios que axudaron a limpar o chapapote. Marea branca é un documental de trinta minutos dirixido pola prestixiosa e galardoada Isabel Coixet que conta as historias e motivacións persoais de quen un día deixaron as súas casas, familias, traballos ou vacacións para realizar unha tarefa dura e ingrata: recoller coas súas propias mans as verteduras tóxicas que chegaron ao litoral galego. ''Marea Branca é unha homenaxe e unha viaxe ao lugar dos feitos a través dos seus recordos, sensacións e emocións. A rodaxe estivo cheo de sorpresas'', dixo Isabel Coixet. Marea Branca conta a historia de Soidade Méndez, unha voluntaria que chegou de Estremadura e decidiu quedar para sempre en Galicia. A súa filla, froito da relación con outro dos voluntarios, chámase Alegría Fisterra, en honra ao lema que utilizaban os voluntarios para recuperar o ánimo logo das duras xornadas de limpeza. Tamén narra a dos pescadores da Costa da Morte ou a do galego Nacho Castro e a catalá Nuria Branco, que se coñeceron aqueles días en Muxía e hoxe están casados. A iniciativa para render esta homenaxe partiu de Coronita Save the Beach, un programa de Responsabilidade Social Corporativa que Coronita cervexa puxo en marcha en 2008 en Europa. O proxecto ten como obxectivo informar e concienciar sobre o estado das praias europeas e sobre a necesidade de coidalas e preservalas. Para iso organizáronse grandes eventos con personalidades relevantes en cidades como Londres, Dublín, Roma, Milán, Berlín e Madrid. O proxecto máis notorio foi a construción, en 2010 en Roma e en 2011 en Madrid, do primeiro hotel do mundo construído con residuos recollidos na praia, o Hotel Coronita Save the Beach.

ISABEL COIXET 25-05-2012



jueves, 26 de abril de 2012

Metáfora del nenufar

Durante 21 meses, os expertos estudaron a fondo as actuais tendencias sociais, económicas e ambientais e intentaron albiscar que futuro espéralle á humanidade nos próximos 100 anos. O prognóstico é máis ben sombrío. http://www.elmundo.es/elmundo/2012/04/26/ciencia/1335456278.html

Sostenibilidade

A publicidade recollendo inquedanzas...



Quen esta detras destes anuncios?



Que é a sostenibilidade?



E para ti que é a sostenebilidade?

sábado, 21 de abril de 2012

Onte na TVE2




Onte 'O documental da 2' estreou a versión estendida de 'Comprar, tirar, comprar'. Esta produción, dirixida por Cosima Danoritzer, achega probas á sospeita de que gran parte dos produtos de consumo están fabricados para non durar. Logo de cultivar éxitos de crítica e público en televisións e festivais de todo o mundo, chega esta nova versión duns 70 minutos de duración con información ampliada. Entre outros premios o documental recibiu o I Premio Science, Technology and Education (China); Mellor documental da Academia de Televisión (España); Mellor documental en SCINEMA (Australia); Premio especial 'Maeda' / Japan Prize (NHK, Tokio); Ondas Internacional (España); Mellor documental en FILMAMBIENTE 2011 (Brasil); Mención Especial do Xurado no FICMA 2011 (España); Finalista Focal International Awards de Londres; Finalista Magnolia Awards do Xangai TV Festival 2011 ou Finalista Prix Europa en Berlín.

Fai algo máis dun ano, os espectadores coñeceron un novo concepto que en pouco tempo popularizouse na rede e provocou un debate sobre a vida dos produtos tecnolóxicos. Ese concepto era a obsolescencia programada, é dicir, que os produtos fabrícanse para non durar co fin de incrementar o consumo. O documental dirixido por Cosima Danoritzer 'Comprar, tirar, comprar', buscaba probar a sospeita de que existe realmente unha redución deliberada da duración dos produtos tecnolóxicos.

lunes, 16 de abril de 2012

Obsolencia ou obsolescencia programada

Documental sobre obsolescencia programada, é dicir, obxectos fabricados para non durar. Lámpadas que teminan a súa vida ás mil horas, impresoras que se bloquean ao chegar a un número determinado de impresións... Por que, a pesar dos avances tecnolóxicos, os produtos de consumo duran cada vez menos?...

sábado, 31 de marzo de 2012

A hora do Planeta

LA HORA DEL PLANETA CLICK AQUI

Concurso CLIMANTICA

Páxina do concurso
http://congresovirtual.climantica.org/convocatoria-es/

Déixovos algúns exemplos de traballos gañadores no concurso de CLIMANTICA, para que vos animedes a participar.
- Cara onde imos
http://www.youtube.com/watch?v=F7hKF0luvWc&feature=player_embedded

- Desaparición das abellas
http://www.youtube.com/watch?v=WKuTzQggD4Q&feature=channel_video_title

- A pegada ecolóxica de Nico
http://www.youtube.com/watch?v=VNjnyjZYenQ

- Abrazando as árbores
http://www.youtube.com/watch?v=S5rlLRubqcI&feature=player_embedded

- Crónica de una muerte anunciada
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=GzvyQWMSwdo#!

- Un ejemplo dun video creativo
http://educacionambientalparaodesenvolvement.blogspot.com.es/2012/02/un-exemplo-de-video-creativo-santiago.html

- Madre Terra
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=J7AFJVX6leo

- Xeoenxeñería
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=chuZz9doQb0

- Un paseo polos arrecifes de coral
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=f7Rcx55dL5c#!

- O problema do cambio climático tamén é noso
http://acienciatamenecultura.blogspot.com.es/2011/05/o-problema-do-cambio-climatico-tamen-e.html

- Pegada ecolóxica rural vs ciudad
http://www.youtube.com/watch?gl=ES&v=xs54uCuHH6Q

- Crise ambiental
http://www.youtube.com/watch?v=us4-WQse3Lk

- Mitiguemos os gases invernadeiro desde a escola
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Z-O1vB0nKnU

- Algúna animais em perigo de instinción
http://www.youtube.com/watch?v=m3zI2tFMKag

- Fauna en instinción em Galicia
http://www.youtube.com/watch?v=uIpXnVEI-jk

- Enerxía nuclear solución ao cambio climático
http://www.youtube.com/watch?v=eov0DJ4aZH8