Mostrando entradas con la etiqueta Científicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Científicos. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de febrero de 2013

Aniversario

Tal día como hoxe, en 1809, naceu Charles Darwin, o naturalista inglés que cambiou a percepción científica das nosas orixes.

Cal crees que foi a súa principal achega?

martes, 11 de diciembre de 2012

Os físicos teóricos na cúspide do recoñecemento científico



O xurado estivo composto por físicos internacionais entre os que se atopaban os estadounidenses Ed Witten, especialista na teoría das cordas, e Alan Guth, autor da primeira teoría sobre a expansión do universo.

Que vos parece este premio? Por que credes que recibiron este recoñecemento científicos do CERN? Credes que a Ciencia pura sigue sendo de interese?

sábado, 27 de octubre de 2012

Xavier Cid Vidal, un xove galego de 28 anos, na elite da investigación do mundo


O líder do LHCb do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), Pierluigi Campana, presidiu este venres na Facultade de Física de Santiago o tribunal da tese doutoral de Xabier Cid Vidal. Xunto a Campana desprazáronse á capital galega para avaliar o traballo do investigador do Departamento de Física de Partículas outros dous científicos do CERN, Thomas Ruf e Frederic Teubert, tamén membros do tribunal.

A tese de Xabier Cid achegou destacados novos resultados para o LHCb, un dos catro grandes experimentos instalados no Gran Colisionador de Hadróns, o LHC, o maior acelerador de partículas do mundo, ubicado baixo terra en Xenebra (Suíza). O seu traballo serviu para excluír, partindo da análise de datos deste experimento, a presenza dunha clase determinada de partículas de alta masa, chamadas supersimétricas, que foron postuladas en distintas teorías. En concreto, o xoven investigador explorou desintegracións do quark beauty en dúas partículas penetrantes chamadas muóns. A súa tese foi dirixida polos profesores da USC José Ángel Hernando Morata e Bernardo Adeva Andany.




Para ler a entrevista do líder do LHCb do CERN, Pierluigi Campana, clic aquí.

jueves, 27 de septiembre de 2012

Importancia do traballo colaborativo e interdisciplinar en Ciencia



Outro caso moi recente de traballo en equipo e a misión espacial da NASA denominada Curiosity. Centos de científicos de distintas ramas da Ciencia e nacionalidades, foron necesarios para poder levar a cabo este traballo. Hoxe en día a súas tarefas pasan por manter en Marte este vehículo explorador, dirixir a toma de mostras de chan e po rochoso marciano para postaneriormente facer a súa análise e comprobar a capacidade pasada e presente deste planeta para aloxar vida. 
No seginte vídeo podedes ver a ledicia dos científicos o 6 de agosto do 2012 cando o robot aterrou en Marte.

Déixovos unha animación moi boa dos pasos necesarios que se levaron a cabo na misión do Spirit que foi anterior a do Curiosity.





lunes, 9 de enero de 2012

Biografía de Charles Darwin

La voz de la evolución é unha producción estadounidense de 44 minutos de duración que conta a biografía de Charles Robert Darwin. Céntrase en episodios que marcaron a súa vida como foi a morte da súa nai, o seu matrimonio, a morte da súa filla de 11 anos coa que mantén unha estreita relación, así como a publicación da "Orixe das especies". Podédelo ver en:
http://www.megavideo.com/?v=GVUYVZTG
Mentras non funciona megavideo déixovos outro vídeo sobre Darwin.



Deixovos ademais o traballo realizado por alumnas de CMC doutro ano:

domingo, 6 de noviembre de 2011

CERN (Organización Europea para la Investigación Nuclear)

Video sobre o CERN e o LHC


Científicos do CERN falan sobre os experimentos que se realizan no LHC.


Video realizado pola alumna Diana Babarro sobre o LHC.