Mostrando entradas con la etiqueta AAAtención. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AAAtención. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de octubre de 2012

Xavier Cid Vidal, un xove galego de 28 anos, na elite da investigación do mundo


O líder do LHCb do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), Pierluigi Campana, presidiu este venres na Facultade de Física de Santiago o tribunal da tese doutoral de Xabier Cid Vidal. Xunto a Campana desprazáronse á capital galega para avaliar o traballo do investigador do Departamento de Física de Partículas outros dous científicos do CERN, Thomas Ruf e Frederic Teubert, tamén membros do tribunal.

A tese de Xabier Cid achegou destacados novos resultados para o LHCb, un dos catro grandes experimentos instalados no Gran Colisionador de Hadróns, o LHC, o maior acelerador de partículas do mundo, ubicado baixo terra en Xenebra (Suíza). O seu traballo serviu para excluír, partindo da análise de datos deste experimento, a presenza dunha clase determinada de partículas de alta masa, chamadas supersimétricas, que foron postuladas en distintas teorías. En concreto, o xoven investigador explorou desintegracións do quark beauty en dúas partículas penetrantes chamadas muóns. A súa tese foi dirixida polos profesores da USC José Ángel Hernando Morata e Bernardo Adeva Andany.




Para ler a entrevista do líder do LHCb do CERN, Pierluigi Campana, clic aquí.