martes, 12 de febrero de 2013

Simulacións

No seguinte enlace tedes diversas simulacións de procesos biolóxicos:
1. Construir unha molécula de ADN
2. Como transcribe e traduce un xene
3. Como funcionan as proteínas
4. Como extraer ADN
5. Como traballa unha enzima


Aniversario

Tal día como hoxe, en 1809, naceu Charles Darwin, o naturalista inglés que cambiou a percepción científica das nosas orixes.

Cal crees que foi a súa principal achega?

As bases da Biotecnoloxía do ADN







sábado, 9 de febrero de 2013

Mauro atopou o enlace


http://peliculas69.com/pelicula/869/creation.html

por fin a encontrei! Está en español latino, pero vese relativamente ben.



Pelicula biografica sobre o naturalista inglés Charles Darwin e o nacemento da súa revolucionaria teoría da oríxe das especies.Duración 108 minutos.
Logo de vela dicir que vos pareceu.

viernes, 11 de enero de 2013

As xirafas de Lamark

Sara, espero que con este vídeo podas entender mellor as ideas de Lamark sobre a evolución.



Diferencias entre as explicacións de Lamark e as de Darwin sobre o pescozo das xirafas.

jueves, 3 de enero de 2013

Adeus a Rita Levi-Montalcini

O día 30 de decembro morreu a científica italiana Rita Levi-Montalcini aoss 103 años de idade. En 1986 recibíu o Premio Nobel de Medicina, xunto co científico norteamericano Stanley Cohen, grazas ao descubrimento da molécula chamada Factor de Crecimiento Nervioso (NGF).
Rita foi unha traballadora incansable, a pesar da súa avanzada idade nunca deixou de colaborar a favor das mulleres
Deíxovos un vídeo realizado por una ex-alumna do noso centro, nel podemos descubrir a enorme personalidade e valía desta importante científica.


martes, 11 de diciembre de 2012

Os físicos teóricos na cúspide do recoñecemento científico



O xurado estivo composto por físicos internacionais entre os que se atopaban os estadounidenses Ed Witten, especialista na teoría das cordas, e Alan Guth, autor da primeira teoría sobre a expansión do universo.

Que vos parece este premio? Por que credes que recibiron este recoñecemento científicos do CERN? Credes que a Ciencia pura sigue sendo de interese?

domingo, 2 de diciembre de 2012

Procura de vida en Marte

No seu afán por resolver o misterio da orixe da vida, o ser humano segue buscando vida máis aló da Terra. Marte, pola súa similitude coa Terra, é o principal obxectivo. O documental, emitido programa "La noche temática", busca respostas ás preguntas que nos facemos. Trátase dun documental do 2011 polo tanto antes da chegada do Curiosity. A polémica destes días sobre as últimas achegas en Marte fixeron volver a emitir este episodio.