A aventura de descubrir o Universo require dunha Ciencia: a Cosmoloxía. E nesta ciencia traballan científicos españois como o astrónomo Alberto Fernández, o matemático Vicent Martínez e os físicos Mariano Moles Eduard Salvador Solé. Podedes velos no seguinte vídeo do programa tres14 preme aquí. sábado, 19 de octubre de 2013
Cosmoloxía
A aventura de descubrir o Universo require dunha Ciencia: a Cosmoloxía. E nesta ciencia traballan científicos españois como o astrónomo Alberto Fernández, o matemático Vicent Martínez e os físicos Mariano Moles Eduard Salvador Solé. Podedes velos no seguinte vídeo do programa tres14 preme aquí. viernes, 18 de octubre de 2013
Por que sabemos que o Universo está en expansión?
Quen foi o astrónomo que demostrou que as galaxias separábanse? En que se basou?
En 2011 o Nobel de Física foi para tres astrónomos polos seus descubrimentos sobre a expansión acelerada do Universo, debido á chamada enerxía escura. Perlmutter, estadounidense, nacido en 1959, é profesor da Universidade de California en Berkeley e do Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley. Schmidt, con nacionalidade estadounidense e australiana, nacido en 1967, é profesor da Universidade Nacional Australiana en Weston Creek. Riess, estadounidense, nacido en 1969, é profesor na Universidade Johns Hopkins (Baltimoere, EE UU) e investigador do Instituto Científico do Telescopio Espacial.
martes, 15 de octubre de 2013
Materia y enerxía escura
Como se pode afirmar que a materia escura existe se non se ve? Cales son as súas características?
Que significa que o Universo estase expandindo? Que enerxía provoca esta expansión? Que sabemos e que non sabemos desa enerxía?
Que significa que o Universo estase expandindo? Que enerxía provoca esta expansión? Que sabemos e que non sabemos desa enerxía?
domingo, 13 de octubre de 2013
Proxecto 100.000 estrelas
O proxecto 100.000 estrelas foi creado por Google Chrome e permite aos usuarios navegar pola Vía Láctea para coñecer as principais estrelas. Utilizando datos da NASA e da Axencia Espacial Europea permite viaxar por este mapa estelar interactivo e achéganos ás estrelas máis importantes e ver o seu nome, posición e relación con outros astros. Ademais pódese facer clic en cada estrela para coñecer máis datos técnicos sobre a súa natureza, composición e disposición na galaxia.
Na parte superior de 100.000 estrelas os usuarios poden activar unha opción mediante a que o sistema presenta algunhas dos astros máis especiais da Vía Láctea, de forma que o usuario non teña que buscalas pola súa conta. Como curiosidade, Google explicou que o proxecto conta coa música de Sam Hulick, responsable da banda sonora de Mass Effect. Para entrar Para entrar clik aquí.
sábado, 12 de octubre de 2013
The scale of the Universe
Queres darche unha voltiña polo Universo, nun espazo curto de tempo e desde escalas enormes ata o máis pequeno? Entra nas seguintes animacións. Basta mover a barra de desprazamento ou usar o rato, e tamén se pode facer clik sobre os obxectos que aparecen nos interactivos.
miércoles, 9 de octubre de 2013
martes, 8 de octubre de 2013
lunes, 7 de octubre de 2013
domingo, 6 de octubre de 2013
viernes, 4 de octubre de 2013
jueves, 3 de octubre de 2013
miércoles, 2 de octubre de 2013
lunes, 30 de septiembre de 2013
jueves, 26 de septiembre de 2013
Ciencia e TV
Neste video, do programa da TVE "Tres catorce", Patricia Fara e Agustí Neto pregúntanse pola importancia da Ciencia na nosa sociedade e como é o noso acceso a ela. José Pardo Tomás e José Ramón Bertomeu falan dos mitos e lendas ao redor dos científicos e os seus achados ao longo da Historia.
Coñeces algún programa de TV de dilvugación da Ciencia?
Quen é ocientífico español máis famoso? Como se mide a fama dos científicos?
Coñeces algún programa de TV de dilvugación da Ciencia?
Quen é ocientífico español máis famoso? Como se mide a fama dos científicos?
miércoles, 25 de septiembre de 2013
Ciencia pura e ciencia aplicada
En clase estivemos falando das diferenzas e as interaccións entre ciencia pura e ciencia aplicada e saíu o tema do grafeno. Déixovos o seguinte vídeo para que entendades a estrutura, as características e as aplicacións deste novo material.
.Algún pode indagar quen foi o seu descubridor?
miércoles, 18 de septiembre de 2013
lunes, 16 de septiembre de 2013
miércoles, 11 de septiembre de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







