sábado, 20 de octubre de 2012

Galileo sistema global de navegación por satélite (GNSS)

Dous estudantes españois traballan desde marzo no desenvolvemento dun dos proxectos máis ambiciosos da Axencia Espacial Europea (ESA, polas súas siglas en inglés), o sistema Galileo, o denominado GPS europeo.
Galileo é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) desenvolvido pola Unión Europea (UE), co obxecto de evitar a dependencia dos sistemas GPS e GLONASS. Ao contrario destes dous, será de uso civil. O sistema espérase pór en marcha en 2014 logo de sufrir unha serie de reveses técnicos e políticos para a súa posta en marcha.
O GPS (Global Positioning System: sistema de posicionamento global)é un sistema de navegación por satélite que permite determinar a posición dun obxecto, persoa ou vehículo en todo o mundo. O GPS funciona mediante unha rede de 24 satélites en órbita sobre o planeta terra, a 20.200 km, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. O sistema foi desenvolvido, instalado e actualmente operado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos. A antiga Unión Soviética construíu un sistema similar chamado GLONASS, agora xestiónao a Federación Rusa que consta de 31 satélites.
Fonte da noticia El Mundo 20/10/2012

A estación espacial internacional (ISS)

Un traballo duns alumnos do ano pasado explícavos a ISS

jueves, 18 de octubre de 2012

Cantos satélites artificiais xiran ao redor da Terra?

Dos 13.000 satélites que hai orbitando á Terra só están funcionando realmente uns 3.500: o resto están clasificados como lixo espacial, o cal empeza a ser un problema.





miércoles, 17 de octubre de 2012

Cumpleanos do observatorio espacial Integral

O observatorio espacial Integral da ESA cumpre dez anos en órbita hoxe, 17 de outubro. Para celebralo, preséntanos a seguinte galería que recompila as representacións artísticas dos principais descubrimentos desta misión europea.
Integral, acrónimo inglés de "Laboratorio Internacional de Astrofísica de Raios Gamma", transporta dous telescopios de raios gamma, un monitor de raios X e unha cámara óptica. Os catro instrumentos apuntan simultaneamente á mesma rexión do firmamento para realizar observacións complementarias de fontes de alta enerxía.

lunes, 15 de octubre de 2012

domingo, 7 de octubre de 2012

Materia e enerxía escura

Como se pode afirmar que a materia escura existe se non se ve? Cales son as súas características?







Que significa que o Universo estase expandindo? Que enerxía provoca esta expansión? Que sabemos e que non sabemos desa enerxía?

jueves, 27 de septiembre de 2012

Importancia do traballo colaborativo e interdisciplinar en Ciencia



Outro caso moi recente de traballo en equipo e a misión espacial da NASA denominada Curiosity. Centos de científicos de distintas ramas da Ciencia e nacionalidades, foron necesarios para poder levar a cabo este traballo. Hoxe en día a súas tarefas pasan por manter en Marte este vehículo explorador, dirixir a toma de mostras de chan e po rochoso marciano para postaneriormente facer a súa análise e comprobar a capacidade pasada e presente deste planeta para aloxar vida. 
No seginte vídeo podedes ver a ledicia dos científicos o 6 de agosto do 2012 cando o robot aterrou en Marte.

Déixovos unha animación moi boa dos pasos necesarios que se levaron a cabo na misión do Spirit que foi anterior a do Curiosity.





martes, 25 de septiembre de 2012

En Ciencia é necesaria a comprobación dos feitos

En setembro de 2011 un equipo científico que traballa co detector subterráneo Opera, no laboratorio de Gran Sasso (Italia), indicarón que foron capaces de conseguir neutrinos (partículas elementais de escasa masa e que apenas interaccionan coa materia) que, aparentemente, desprázanse máis rápido que a luz. De confirmarse, sería un bombazo na física, posto que é un alicerce da teoría de Einstein que nada pode superar a velocidade da luz.

A inmensa maioría dos físicos de partículas sospeitaron desde o primeiro momento que algo fixérase mal para obter aqueles resultados que, ademais, contradicían as medidas de velocidade de neutrinos tomadas noutras observacións e con altísima precisión. En xuño de 2012 o asunto dos neutrinos que, supostamente, viaxaban máis rápido que a luz, arroiando a teoría da relatividad especial de Einstein, quedou resolto, foi un fallo no experimento e, cando se repetiron as medidas co mesmo detector e con outros como control, resultou que os neutrinos non viaxan á velocidade indicada.

domingo, 23 de septiembre de 2012

Ciencia na TV

Neste video, do programa da TVE "Tres catorce", Patricia Fara e Agustí Neto pregúntanse pola importancia da Ciencia na nosa sociedade e como é o noso acceso a ela. José Pardo Tomás e José Ramón Bertomeu falan dos mitos e lendas ao redor dos científicos e os seus achados ao longo da Historia.
Coñeces algún programa de TV de dilvugación da Ciencia?
Quen é ocientífico español máis famoso? Como se mide a fama dos científicos?

jueves, 20 de septiembre de 2012

Ciencia pura e ciencia aplicada

En clase estivemos falando das diferenzas e as interaccións entre ciencia pura e ciencia aplicada e saíu o tema do grafeno. Déixovos o seguinte vídeo para que entendades a estrutura, as características e as aplicacións deste novo material.
.
Algún pode indagar quen foi o seu descubridor?

martes, 24 de julio de 2012

Tres alumnos de 4º da ESO gañan o premio científico "Google Science Fair"en California

Os tres rioxanos, que foron os únicos representantes españois, gañaron na súa categoría de idade (15-16 anos) grazas a un proxecto sobre estudo da vida microscópica en augas doces. Co seu proxecto crearon unha base de imaxes de miles de fotografías e realizaron distintos experimentos para coñecer o comportamento dos microbios no medio acuático.
Un panel de renombrados científicos seleccionou este proxecto como o mellor da súa categoría, tras revisar propostas de miles de estudantes procedentes de máis de cen países.


Fonte:http://www.elmundo.es/elmundo/2012/07/24/ciencia/1343120502.html